Abogado e galeguista de impecable traxectoria profesional
Tamén foi o día 2 de xullo, dentro da organización da III Asemblea da Irmandade Xurídica Galega, cando se levou a cabo o acto de descuberta da placa conmemorativa de D. Pedro González López, abogado e galeguista de impecable traxectoria profesional, que deica entón non tivera o recoñecemento público que merecía.
A Irmandade Xurídica Galega, como vén facendo desde o inicio da súa andaina hai xa 3 anos, pretende recuperar figuras senlleiras do Dereito que foron no seu dia verdadeiros expoñentes da defensa dos nosos sinais de identidade.
Unha placa de granito coa efixie en bronce de D. Pedro González, da autoría do escultor José Molares, é desde ese día un permanente recordatorio da súa memoria na rúa que o Concello de Lugo lle dedicará no seu día.
Miguel González Trigás, membro da Irmandade Xurídica, avogado e sobriño do homenaxeado, fixo a louva de Don Pedro para iniciar o acto de descuberta. A súa filla, Dª Isabel González Dorrego, titular do Rexistro de Propiedade número 3 da Coruña, puxo a nota emotiva no peche do acto ao que asistíu numeroso público