III Asemblea IXUGA

    Nunca antes a cidade de Lugo fora escenario dun cónclave xurídico como o celebrado os días 2 e 3 de xull. Se importante foi o Congreso do Dereito Galego en 1972, este pódese dicir que foi a expresión máis xenuina daquel.
    Ben puideran principiar os actos con aquela expresión tan acaída de Frei Luís de León na aula magna na Universidade de Salamanca, cando volveu impartir clases despois dun obrigado desterro: “Como deciamos ayer”… Efectivamente, como se dixo en 1972, a lingua galega debe voltar ás salas de audiencias, aos xulgados, etc… dos que nunca debeu ser expulsada. Pero grazas á Irmandade Xurídica Galega o noso idioma volve da man de xuíces, fiscais, avogados, funcionarios xudiciais, á vistas orais, aos procedementos xudicias e protocolos notariais. E que mellor que facelo retomando o espírito deixado no aire do Congreso de 1972 e a intervención de don Pedro González, que presidira aquel cónclave xurídico? A IIIª Asemblea da Irmandade Xurídica Galega retomou aquel “como diciamos onte”, coa organización dun Seminario Xurídico que tivo como escenario un dos salón cedidos pola Deputación Provincial.
    Tamén en colaboración co Concello de Lugo, colocouse na rúa Pedro González unha placa en bronce, deseño do escultor José Molares, lembrando a egrexia figura daquel gran home do dereito. Un acto emotivo no que participaron familiares, amigos e autoridades locais e provinciais.
    O sábado día 3, no salón nobre da Deputación, celebrouse o acto de imposición de togas da galeguidade e insignias a dezasete novos membros, entre os que se atopaban tamén un número de funcionarios xudiciais. No acto presentouse o libro editado para a ocasión “A Fonte Limpa. O pensamento político xurídico de Frei Benito Feixóo”, obra póstuma de D. Pedro González. O profesor Gómez Segade, coa súa brillante oratoria, falou da senlleira figura de don Pedro González, recordándoo e facendo unha semblanza que provocou na familia e nos asistentes un sentimento de grande emoción. O irmandiño, xuíz da Fonsagrada, Luís Villares, fixo a louva do Colexio de Avogados de Santiago de Compostela, que foi distinguido coa medalla de ouro da Irmandade Xurídica Galega polo defensa que fai dende o seu ámbito profesional do idioma de Galicia.

    Previous articlePlaca conmemorativa a D. Pedro González López
    Next articleActo de nomeamento de Don Benito Montero Prego como fillo adoptivo do Concello de Poio

    LEAVE A REPLY

    Please enter your comment!
    Please enter your name here