Maios en Leiro

    Maios en Leiro 2010 Alvaro das Casas

    Por sétimo ano consecutivo a asociación Álvaro das Casas, en colaboración co Concello de Leiro, foi quen de levar adiante a tradición dos maios no Ribeiro. Un día con choiva e raiolas de sol que acompañaron a todos os participantes, nenos e nenas de Ribadavia, San Amaro, Cenlle, Leiro e Santa Cruz que acompañados polos mestres e familiares viviron a festa e cantaron as coplas, acaidas e con ton crítico, diante do numeroso público asistente.

    O xurado conformado por Xosé Ramón Estévez Pérez; José Antonio Tarrio Fernández; Ramón Álvarez Bueno; Ana Isable Rodríguez Bernardez e Milagros Rodríguez Romero foi o encargado de avaliar os maios presentados a concurso.

    Sete foron os maios presentados, sendo os traballos “Medramos en Galego” “Coral Val do Avia” “O Cabaceiro de San Amaro” os que resultaron gañadores nas categorias de maio tradicional, maio artístico e mellor maio respectivamente. Na categoría de mellores coplas, os rapaces do colexio de Cenlle foron os ganadores.

    Os restantes maios foron premiados e incluso houbo accesits para os que non obtiveron ningún premio e por suposto todos tiveron a súa rosca para compartir co público e cos familiares e dese xeito repoñer forzas para seguir recuperando as nosas tradicións.

    Previous articlePresentación Relatos da Paisaxe
    Next articlePlaca conmemorativa a D. Pedro González López

    LEAVE A REPLY

    Please enter your comment!
    Please enter your name here