Co obxecto de dar difusión aos obxectivos das MIL FESTAS MÁIS PARA A LINGUA GALEGA, presentouse a campaña no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo diante de máis de tres mil persoas, onde se atopaban representantes de máis de oitocentas comisións de festas, concelleiros de cultura, promotores artísticos e público en xeral, que acudiron para coñecer as novidades presentadas pola empresa LUGONORTE de Espectáculos. A Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia e a Secretaría Xeral de Política Lingüística inciden deste xeito, unha vez máis, nos axentes promotores das festas populares explicándolles o alcance da campaña e invitándoos a se sumaren á mesma.