O doutor Beiras. A intelixencia descoñecida polo galeguismo.

    Doutor Beiras
    Doutor Beiras

    O día 2 de marzo de 2013 a Irmandade da Sanidade Galega -ISAGA- conxuntamente co Colexio Oficial de médicos de Pontevedra lembrou a figura do Doutor Antón Beiras coa celebración dun acto académico o e coa descuberta dunha placa no edificio onde tivo a súa consulta, na rúa Policarpo Sanz de Vigo.
    Entre multitude de público asistente a súa viúva, Dª. Antía Cal, tivo palabras de agradecemento a todos os presentes e recordou a figura do seu marido emocionada.
    Desde o colectivo Galeguizar Galicia pensamos sempre que a figura do Dtor. Antón Beiras merecía un especial recoñecemento pola súa contribución á ciencia médica e polo seu permanente exemplo de galeguismo na súa aportación científica. A investigación como forma de contribución á mellora da calidade de vida da humanidade foi unha máxima na vida persoal e profesional do doutor Antón Beiras e fíxoo defendendo sempre que a galeguidade débese conxugar desde o propio.
    El expresábao así “COIDO EU QUE OS HOMES DE CIENCIA, E CONCRETAMENTE OS MÉDICOS, PODEN TRATAR DE HONRAR A PROPIA FALA ESCRIBINDO NELA AS SÚAS OBSERVACIÓNS E EXPERIMENTOS AÍNDA QUE SEXAN MODESTOS, SEMPRE QUE CUMPRAN OS DEMAIS REQUILORIOS ESIXIBLES A TODO INVESTIGADOR, VERACIDADE E RIGOR APURADOS AOS LINDEIROS DO POSIBLE, NAS SÚAS PESCUDAS”.
    O acto estivo presidido por D. Valentín García Gómez, Secretario Xeral de Política Lingüística; D. Carlos Varela García, Fiscal Superior de Galicia; D. Pablo Vaamonde García, coordinador xeral da ISAGA; D. Luís Campos Villarino, Presidente do Colexio Oficial de Médicos de Pontevedra; D. Xesús Alonso Montero, Presidente da Real Academia Galega e D. Xosé Manuel Beiras.
    O historiador D. Ricardo Gurriarán foi o encargado de facer unha aproximación á figura do homenaxeado e a irmandiña Dª Amaia Izaguirre tamén recordo a figura do doutor Beiras a través dos recordos familiares.
    D. Xesús Alonso Montero, que foi amigo persoal do doutor Antón Beirás, recordouno desde unha óptica comprometida co país e coa lingua e cultura de Galicia.
    O político D. Xosé Manuel Beiras, sobriño do homenaxeado, foi quen de poñer a nota entrañable recordando ao seu tio dun xeito especial, facendo partícipe ao público asistente de anécdotas e recordos familiares que demostran a altura moral e científica do doutor Beiras; tamén o seu fillo Antón Beiras recordou a figura do pai.

    Previous articleA CORRUPCIÓN SISTÉMICA
    Next articleNo bico un cantar

    LEAVE A REPLY

    Please enter your comment!
    Please enter your name here