A Irmandade da Sanidade Galega lembrou a memoria do boticario don Domingo Fernández del Riego, unha personalidade relevante do galeguismo apenas coñecida polo gran público. Domingo Fernández del Riego tivo farmacia aberta na rúa do Príncipe en Vigo, a popular farmacia “Del Riego” onde na súa rebotica exerceu o seu maxisterio galeguizador.