La Voz de Galicia – Homenaxe aos promotores do uso do galego na Xustiza

IXUGA

Unha praca ao lado da Audiencia Provincial de Pontevedra recorda desde esta mañá os trinta anos desde a primeira sentenza en galego neste organismo xudicial. A praca descubriuse nun acto organizado pola Irmandade Xurídica Galega e coa colaboración da Deputación de Pontevedra e do Concello. Nesta inscrición a favor do emprego do galego no mundo da Xustiza, lese: «En recoñecemento aos maxistrados e fiscal que ao longo do tempo mantiveron un compromiso continuado do seu uso» e cítase expresamente a Xoán Manuel Alfaya Ocampo, Xosé Xoán Barreiro Prado, Luciano Varela Castro e Benito Montero Prego. Nas súas intervencións, o avogado Xaquín Monteagudo, a presidenta da Deputación, Carmela Silva, e o concelleiro de Normalización Lingüística, Alberto Oubiña, defenderon o emprego do galego na Xustiza e na Administración pública. Ochoa lamentou que na actualidad aínda que en Galicia se abordan algo máis de 319.000 asuntos ano ano, as sentenzas ditadas en galego non superan o 1 %, é dicir, entre as 3.000 e as 4.000. 

Unha vez rematado o acto institucional na rúa, a Irmandade Xurídica Galega celebra a súa asemblea anual no salón de plenos da Deputación. Na orde do día, figuraba unha homenaxe a título póstumo a Xosé Fariña Jamardo, quen foi secretario municipal do Carballiño, secretario da Deputación de Pontevedra e oficial maior do Parlamento de Galicia.

Previous articleFaro de Vigo – Os xuristas festexan 30 anos de sentenzas en galego
Next articleLa Voz de Galicia – A Irmandade Xurídica Galega debate sobre o idioma na xustiza