ALMANAQUE AGRÍCOLA ZZ. 70 anos de lealdade lingüística

    Setenta anos despois de publicarse o primeiro número do Almanaque Agrícola ZZ editado no ano 1952 polos laboratorios Zeltia, no día de onte, 28 de marzo de 2022, celebrouse na Casa da Cultura do concello de O Porriño un acto que foi moito máis cunha lembranza; Nas intervencións pronunciadas polos coprotagonistas do acto abordaronse, desde cadanseu punto de vista, a importancia que ten na historia da publicidade a devandita publicación. En primeiro lugar porque foi o primeiro soporte publicitario en lingua galega que como un pequeno libro divulgou tradicións culturais (etnografía, tradición oral, cultura popular, etc.) e información científica moi útil para utilización de preparados químicos para combateren as problemáticas que afectaban e ainda afectan á agricultura, a viña, etc. e, en segundo lugar, porque o Almanaque Agrícola ZZ,  foi a única publicación en lingua galega que entrou na práctica totalidade dos fogares galegos durante moitas décadas,  achegando a lingua e a cultura popular á cidadanía. 

    O Secretario Xeral de Política Lingüística, D. Valentín García Gómez, insistíu no éxito que teñen os produtos publicitados en lingua galega porque está demostrado que o galego vende, e agradeceu a Syngenta a sensibilidade que tivo para seguir editando, en galego, esta publicación. 

    O alcalde do Porriño, D. Alejandro Lorenzo, agradeceu a posibilidade que se lle prestou por parte do Foro Peinador para levar adiante un acto destas características no seu concello e animou a que as empresas  do polígono industrial do Porriño aposten polo galego como vehículo de expresión e medio para afianzar a relación de proximidade cos consumidores. 

    O presidente do Foro Peinador, D. Xosé González Martínez, entidade que desde o seu nacemento está empeñada en mover os marcos da diglosia lingüística para ampliar os espazos de uso do galego na sociedade, promotora  deste acto de galeguidade, insistíu na necesidade que de que as universidades galegas, nomeadamente as de Ciencias da Comunicación, formen aos novos publicistas e axentes de comunicación que desenvolverán o seu traballo en empresas galegas no concepto da identidade,  poñendo de exemplo estás publicacións en galego e unindo os conceptos de galeguidade, innovación e identidade cos da publicidade como medio de expresión para garantizar a pervivencia do noso idioma. 

    Participaron tamén no acto o representante da multinacional farmacéutica Syngenta,  D. Paulo Machado, a representante do Cluster Tecnolóxico empresarial das empresas das Ciencias da Vida, Dna. Marisa Castro e o membro do Foro Peinador D. Carlos Varela. 

    Previous articleCORTEGADA, NAO SENLLEIRA
    Next articleFRANCO GRANDE. TECENDO GALEGUIDADE.