VÍA LÁCTEA GALEGUIZADORA

    Feiraco vén de lanzar ao mercado un millón de envases de leite etiquetados en lingua galega. Este xesto que nos honra, é o mellor exemplo de que o noso idioma pode ser utilizado con total normalidades, acadando o recoñecemento dos consumidores de aquén e alén das nosas fronteiras. É de agardar que moi logo outras empresas superen atávicos complexos e imiten a Feiraco. O Foro E. Peinador quere manifestar o seu agradecemento á cooperativa por esta valente decisión que os converte na Vía Láctea do galeguismo empresarial.
    Previous articleDía da Galeguidade Empresarial
    Next articleMIL FESTAS MÁIS PARA A LINGUA GALEGA 2015

    LEAVE A REPLY

    Please enter your comment!
    Please enter your name here