O Día da Galeguidade Empresarial é unha celebración pensada para convocar ao empresariado galego á tarefa de incorporar a lingua galega ás súas actividades. Procuramos que a economía galega teña acento propio non mundo da globalidade dos mercados, ao tempo que sexa sensible cos dereitos lingüísticos dos traballadores e econsumidores. Por estas razóns apelamos á responsabilidade social corporativa para que o empresariado se una ás institucións públicas que maioritariamente utilizan a lingua galega e ao tecidos social no que tamén está amplamente implantado. A lingua galega ten que ser un factor de cohesión social.