A A Irmandade Galega de Agroalimentarios e Adegueiros (Irgade) organizou un acto de ingreso para as novas empresas agroalimentarias que, de inmediato, pasarán a formar parte desta asociación que promociona o emprego do galego no ámbito comercial.
A Irmandade forma parte dunha sección do Foro Enrique Peinador, fundado no ano 2006, coa misión de introducir as esencias do galeguismo no mundo económico e empresarial. Desta forma, deu a benvida a trinta novos “irmandiños” cun evento na reitoral de Santo-André, en Ribadavia. Alí se deron cita empresarios do sector vitivinícola e da alimentación dispostos a aportar valor engadido aos seus producto mediante o emprego do galego. A Irgade aproveitou a ocasión para presentaren o seu novo anuncio sobre consumo responsable e reunir aos seus membros nunha comida de confraternidade no Pazo de Esposende. A reitoral seleccionada non foi froito dunha casualidade: Santo-Andrés será a sede do futuro Museo do Viño de Galicia.
Home Foro Enrique Peinador