O noso sabor

    Nun Nadal distinto pero que non perde un ápice da carga sentimental que produce a súa celebración, non debemos esquecer a importancia de manifestármonos galegos e galegas no máis xenuino sentido da expresión, trasladándolle aos familiares e amigos o compromiso de facer un consumo responsable pensando naqueles que terman do sector agroalimentario e do noso sinal de identidade máis preclaro, a lingua galega. Afortalarmos entre todos esa alianza entre a economía e a lingua da mellor maneira posible, consumindo produtos galegos de calidade etiquetados en galego. Para sermos máis nós!

    Previous articleParroquia de vivos versus parroquia de mortos
    Next articleO SABOR DA GALEGUIDADE