As festas tamén teñen que ser orixinais nas súas programacións; diferenciárense das demais, seren distintas para que interesen aos que buscan nelas espazos de lecer. Esa orixinalidade é o que as singulariza e lles asegura a pervivencia; do contrario, serán todas iguais, festas de catálogo. Dentro da orixinalidade deberá ter presenza a historia, a cultura, a gastronomía e a lingua. A campaña das Mil festas máis para a lingua galega é un chamamento ás comisións de festas para que sexan programadas consentido de País e ao público para que as disfrute desde a identidade.