Os consumidores e consumidoras teñen un gran poder que non sempre fan valer: apoiar os produtos galegos de calidade, etiquetados en galego. Galicia precisa ter unha economía con acento propio; temos unha personalidade diferenciada que os nosos produtos deben manter nos mercados competitivos e globais expresándose na nosa lingua, dese xeito, ao tempo que apoiamos a economía apoiaremos tamén a normalización da lingua galega nos usos económicos. Consumamos como galegos e galegas!