É ben sabido que o país que importa máis co que exporta ten un déficit económico. E unha lingua que non ten presenza máis aló do ámbito literario, é unha lingua minorizada. Todo esto ocórrelle a Galicia. Mais tamén é certo que temos uns emprendedores/as que manteñen en pé explotacións agrarias e industriais de trasnformación agroalimentaria con moito esforzo e etiquetando os seus produtos en galego. A súa pervivencia depende dos hábitos de consumo de todos nós. De aí que o Foro Peinador e a Irmandade Galega de Agroalimentarios e Adegueiros (IRGADE) desenvolvan accións para abrirlles novos espazos de consumo aos seus produtos. Este é en síntese o chamamento: Consumamos produtos galegos etiquetados na nosa lingua!