Galicia ten economía e lingua de seu. Defendámolas. Exerzamos todos o necesario maxisterio galeguista nos ambiente máis próximos para conseguirmos que iniciativas coma estas callen nas vontades individuais. Nada hai máis reprochable que a o desinterese polo que nos é propio. De nada valen as grandes proclamas reivindicativas que teñen pouco eco, a aquelas que por seren doadas de comprender, non as espallamos, convencendo a cantos máis, mellor.