Galicia somos nós: terra, pobo, lingua

    Ser diferente é un dereito na diversidade. Esta constitúese con singularidades que son as que arrequecen o mosaico universal. Galicia aporta a esa diversidade o seu acento propio, a súa maneira de ser, que é a consecuencia do pouso deixado polas acumulacións históricas sucesivas. Formamos parte do concerto dos pobos que conviven en harmonía respetándose mutuamente.

    A protección da biodiversidade é axiomática, apelando a ela os ordenamentos xurídicos internacionais e as recorrentes declaracións de intencións que se adoitan formular polos máis cualificados foros internacionais.

    Dise moitas veces, para definir as identidades, que nelas xogan un papel decisivo as paisaxes. No noso caso, é evidente que ao sermos un país atlántico, onde a auga forma parte da nosa existencia, define a nosa idiosincrasia e a maneira de vermos o mundo.

    Nesta nosa paisaxe a natureza exprésase cualitativa e cuantitativamente de maneira contundente fornecéndonos de bens que nacen da terra e do mar dando lugar a produtos de calidade. A gastronomía tamén é parte importante da nosa cultura,  xusto é que saibamos interpretar a nosa existencia con todos os elementos para termos unha idea exacta da nosa singularidade que define a nosa identidade como pobo con lingua, cultura e economía propias.

    Previous articleEtiquetados en Galego
    Next articleCON ACENTO PROPIO