No exercicio profesional ten demostrado o seu compromiso continuado coa normalización lingüística, tanto na escrita como na fala cos clientes e nos xulgados. Velaí a súa coherencia, que é un exemplo para os profesionais da avogacia e funcionarios xudiciais . Comparte esta arela cos compañeiros e compañeiras que forman parte da Irmandade Xurídica Galega, que engloba a aqueles profesionais que actuando con naturalidade no foro fan país, esconxurandos das dificultades que outros consideran insalvables.