Mil Festas máis para a lingua galega… con TANXUGUEIRAS, as cantareiras dunha nova época!

    A música tradicional galega naceu arredor das actividades agrícolas, na eira, no muiño, nos cantos de arada, na sega… en todos e cada un dos traballos coincidian homes e mulleres que despois procuraban momentos de lecer onde cantaban e bailaban; os seráns, as fiadas, as ruadas… eran momentos de conversa, diversión e transmisión da sabiduría popular. Nestes espazos e a través dos séculos a expresión do pobo foise amoreando nun corpus musical que levaba implícita a fala, columna vertebral da nosa identidade. Tanxugueiras son tres mulleres novas de forte personalidade. Mulleres empoderadas, que apostan pola música tradicional cunha posta en escena propia dos tempos que lles tocou vivir. Cheas de enerxía cantan alalás, alboradas ou foliadas, pezas de corte tradicional con arranxos ou letras que  abandeiran causas que consideran xustas. As súas fermosas voces, cheas de contundencia e expresividade, son o claro expoñente dunha xeración que evoluciona e reformula a música tradicional como elemento xerador de identidades.

    Elas son as cantareiras dunha nova década!

    Con elas teremos Mil festas máis para a lingua galega!