Sumouse así a lista de concellos galegos que conmemoran o Día da Restauración da Memoria Lingüística de Galicia,
A igrexa de Medos, no Concello de San Xoán de Río, acolleu ao mediodía de onte un acto con motivo da celebración do Día da Restauración da Memoria Lingüística de Galicia, aproveitando tamén para rendir homenaxe a Antonio Caneda Rodríguez, que foi mestre de Medos e gran defensor das liberdades, e que foi represaliado e asasinado por defender a escola pública en San Cosme, de O Irixo, no ano 1937.
San Xoán de Río sumouse así a lista de concellos galegos que conmemoran o Día da Restauración da Memoria Lingüística de Galicia, participando na organización deste acto xunto coa Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística.
O motivo, segundo apuntaron os promotores, é que “a pesares de que é practiva habitual nos cemiterios a instalación de lápidas en castelán a meirande parte das persoas que alí xacen eran galegofalantes”.
O acto consistiu no descubrimento dunha placa colocada na porta da igrexa de Medos en recordatorio de todos os que alí están enterrados coa lenda: “na memoria das persoas que xacen aquí, porque grazas a eles Galicia segue a ter cultura e lingua de seu”. Ademais, outra placa tamén lembrará ao homenaxeado, Antonio Caneda.
Así mesmo, os asistentes poideron firmar un escrito de derradeiras vontades para que unha vez falecido a súa liturxia sexa en galego.
Home Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüistica