En galego agora e sempre 2015

    En galego agora e sempre 2015
    En galego agora e sempre 2015

    Atribúeselle a Albert Einstein esta feliz frase: “Nós, os mortais, logramos a inmortalidade nas cousas que creamos en común e que quedan despois de nós”. ¿Existe mellor creación común realizada por cada un dos galegos e galegas individualmente ca a lingua de noso? Abofé que non, e por tal motivo, nun acto ben consciente da finitude biolóxica da súa existencia, cento tres persoas de orixe ourensá queren deixar nestas páxinas constancia firme e por escrito do seu desexo de cederen en herdanza a lingua que os antergos lles legaron e que eles abicadaron e enriqueceron mentres viviron. E por medio desta manda están a prolongar o seu ser, que permanecerá vivo nos seus fillos e fillas, e nos netos e netas que deles saíren ata a morte do derradeiro deles.

    Quede aquí tamén constancia da miña gratitude a todas estas persoas por acolleren con tanto entusiasmo esta afortunada e propicia iniciativa da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia; unha iniciativa que constitúe a expresión dun acto de amor infinito pola lingua de cento tre fillos e fillas das terras de Ourense.

    Valentín García Gómez
    Secretario Xeral de Política Lingüística

    Previous articleLois Tobío, un Galego de lei
    Next articleEnrique Peinador Lines e Mondariz Empresa, turismo e país