Declaración de Alcaldes

    Declaración de Alcaldes
    Declaración de Alcaldes

    Un ano despois de ser aprobada polo Parlamento de Galicia a Lei 3/1983, de Normalización Lingüística, a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia propúxolle ao entón Alcalde de Santiago de Compostela, Don Xerardo Estévez Fernández, a convocatoria dunha asemblea de concellos galegos para dinamizar o proceso de normalización lingüística nas administracións municipais.

    A Declaración dos Alcaldes, asinada en maio de 1984, congregou a 187 rexedores municipais en Compostela. Con esa Declaración definíronse as liñas mestras dun proceso normalizador que fixo posible que hoxe a inmensa maioría dos concellos galegos teñan á lingua galega como lingua oficial nas actividades administrativas.

    Vintecinco anos despois, o próximo día 30 de abril, tamén a proposta da AFNLG, a Federación Galega de Municipios de Provincias, convocará outra asemblea de alcaldes para retomar o espírito da Declaración de 1984 e darlle un novo pulo á galeguización das actividades nas policias locais e asesorías xurídicas, dous ámbitos nos que a lingua galega aínda atopa resistencias.

    Previous articleLingua e administración
    Next articleO Galego na administración de xustiza

    LEAVE A REPLY

    Please enter your comment!
    Please enter your name here