Contos de Castromil

    Contos de Castromil
    Contos de Castromil

    Contos do Castromil é o resultado da participación de vintetantos escritores que aceptaron, en 1992, a proposta que a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística lles fixera para divulgar a lingua galega a través da lectura de relatos para seren lidos na empresa de transporte público “Castromil”s. Os “Castromil” foron en Galicia sinónimo de transporte de viaxeiros. Tal foi a popularidade desta empresa que a xente identificábaos con velocidade e comodidade. Otero Pedrayo chamoulles aos avións os “castromiles do aire”.

    Os Contos do Castromil foron repartidos gratuitamente a tódolos viaxeiros para amenizarllela viaxe. Relatos moi acaídos que foron ben recibidos polos usuarios dos autobuses e que recibiron os parabéns da opinión pública, que nunca tal experiencia literaria contemplaran. Efectivamente, os Contos do Castromil ían ser arromedados anos máis tarde por outras empresas de transporte público noutras comunidades.

    Os Contos do Castromil foi unha iniciativa que, xunto coa denominación da frota de autobuses con nomes de escritores e personaxes históricos de Galicia, constituíron un plan de galeguización da empresa a proposta da Asociación de Funcionarios.

    Previous articleOs papeis claros en Galego: Tes dereito
    Next articleA empresa en galego

    LEAVE A REPLY

    Please enter your comment!
    Please enter your name here