O libro “A fala dos Viños 2007”: antoloxía dos viños etiquetados en galego” recolle a relación dos viños galegos que no ano 2007 utilizan o galego na súa etiquetaxe cunha clara información visual da adega e das marcas de viño. O seu deseño, práctico e manexable, permite unha utilización rápida e unha información precisa. Iso era o que se pretendía, que o libro fose de fácil manexo entre aquelas persoas que organizan eventos ou presentacións, así como nos restaurantes, concellos e calquera outra persoa que requira esa información. A finalidade derradeira desta guía é provocar a utilización dos nosos produtos de calidade. Viño sí, pero etiquetado en galego, por favor.