O libro “Arrequecer a endeita” é un recompilatorio de artigos e relatos de tres funcionarios públicos da xustiza: D. Orencio Pérez González, D. Claudio Movilla e D. Manuel Casado Nieto.
O título non é casualidade: “endeita” foi unha palabra viva no sistema de produción agrícola en Galicia, refírese ó traballo comunitario. Don Eladio Rodríguez, no seu dicionario enciclopédico defíne así a “endeita”: “Faena, traballo, labor de campo que se realiza por un ou por varios á vez. “Arrequecer na endeita” adiantar nalgún labor, aumentar ésta máis que outros nun mesmo espazo de tempo”.
Desde a Asociación de Funcionarios consideramos que está expresión era a mellor maneira para definirmos a importancia do traballo desenvolvido por tres profesionais do dereito, tres funcionarios unidos pola súa entrega ao servizo da Xustiza.