María Xosé Queizán, recoñecida autora en lingua galega con máis de 60 anos de traxectoria como escritora é unha das pioneiras do movemento feminista en Galicia, destacando o seu compromiso coa lingua desde os anos 50.
Manuel González González, catedrático de Filoloxía Románica da Universidade de Santiago de Compostela e membro da Real Academia Galega recoñéceselle o seu traballo de investigación científica e as súas constantes achegas á riqueza do noso idioma ou o seu empeño por dotar a Galicia dun posicionamento mundial a través do .gal.
Xesús Costas Abreu, avogado no concello de Vigo, recoñéceselle o seu permanente apoio á fixación dunha lingua xurídica propia así como á creación de documentación administrativa en galego.
O acto estivo presidido pola Presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra, Dª. Carmela Silva que no seu discurso apoiou o labor que vén desenvolvendo a Fundación Peña Novo prometendo o seu total apoio para que estes premios pola lingua poidan seguir celebrándose no entorno do Castelo de Soutomaior.
Tamén por D. Valentín García Gómez, secretario Xeral de Política Lingüística; o alcalde do concello de Soutomaior, D. Agustín Reguera Ocampo; a presidenta do Consello Galego de Relacións Laborais, Dª. Verónica Martínez Barbero; a escritora e catedrática de lingua galega na UdeVigo, Dª. Camiño Noia; o escritor e investigador, membro da R.A.G. D. Xesús Ferro Ruibal e D. Xosé González Martínez, presidente da Fundación Peña Novo.
A pesar de amenazar choiva o acto celebrouse no fermoso Patio de Armas do Castelo, baixo a Galería das Damas e estivo amenizado polo grupo de música Xardín Desordenado que marcou o ritmo do acto interpretando música de diversos autores galegos.
Entre o numeroso público asistente encontrábanse o alcalde de Cangas, o de Ponteareas, asi como unha ampla representación de concelleiros e concelleiras do concello de Redondela; varios académicos da Real Academia Galega; do Instituto da Lingua Galega; Centro Ramón Piñeiro; Fundación Celso Emilio Ferreiro; Fundación ProVigo; funcionarios e funcionarias do concello de Vigo, etc.
Rematada a entrega de premios e por cortesía da Adega Terras Gauda, nomeadamente polo seu presidente D. Xosé María Fonseca, degustouse e brindouse pola saúde da lingua cun bo viño do rosal, Abadía de San Campio, que celebra o noso idioma levando a súa etiqueta en lingua galega polas mesas de todo o mundo.