O pasado xoves celebramos en Soutomaior a XXI edición dos Premios Lois Peña Novo. Un proxecto cultural co que pretendemos visibilizar a persoas que traballan por facer que Galicia sexa cada día un pouco máis galega.
O acto estivo presidido polo D. Román Rodríguez González, conselleiro de cultura, educación e O. universitaria; D. Antonio Coello Bofill, sub-delegado do goberno en Pontevedra; D. Agustín Reguera Ocampo, alcalde de Soutomaior; Dna. Isabel Rodríguez-Moldes Rey, vicerreitoria de investigación da USC; D. Henrique Monteagudo Romero, secretario da RAG; Dna. Olga Failde Picallo, avogada membro do xurado e D. Xosé González Martínez, presidente Fundación Peña Novo.
A gran fadista galego-portuguesa, María do Ceo foi a que puxo a nota musical no acto e encheu o patio de armas do castelo coa súa imponente e sentida voz. Pero os verdadeiros protagonistas da tarde foron os premiados: D. Angel Carracedo Álvarez; Dna. Consuelo Castro Rey e D. Ricardo Gurriarán Rodríguez. Ámbolos tres persoas de gran relevancia en cadanseu ámbito profesional que espallan o coñecemento en lingua galega a cotío.
D. Jorge Mira Pérez, premiado da edición anterior foi o encargado de facer a laudatio do profesor Carracedo expoñendo aos asistentes os moitísimos méritos que posúe. O premiado agradeceu o premio cunhas fermosísimas palabras as que o público respondeu con moitos aplausos. Dna. Olga Failde, avogada fixo a louva de Dna. Consuelo Castro que agradeceu emocionada o premio concedido. D. Henrique Monteagudo Romero fixo a louva do historiador D. Ricardo Gurrirán que tamén agradeceu o premio cunha palabras emotivas.
Numeroso público asistíu ao acto que se rematou cun viño galego cortesía de Adegas Terras Gauda, un viño que orgullosamente leva a súa etiqueta en galego por todo o mundo. Parabéns aos premiados e grazas pola numerosa asistencia de público.