Premios Lois Peña Novo 1999

    Premios Lois Peña Novo 1999

    Reunidos na Casa da Cultura de Redondela o día 18 de maio de mil novecentos noventa e nove os membros do xurado dos PREMIOS LOIS PEÑA NOVO na súa V edición, D. Luís Rodríguez Ennes, Decano da Facultade de Dereito de Vigo-Ourense (premiado edición anterior); D. Jaime Morales Piñeiro, Xefe do Servicio de Formación da E.G.A.P.; Dª Rosa Losada Suárez, Secretaria Xeral do Concello de Vilargarcía de Arousa; D. Daniel Macenlle Díaz, Sarxento-Xefe da Policía Local de Moaña; D. Pablo Sande García, Maxistrado do Tribunal superior de Xustiza de Galicia e actuando como secretaria  do xurado Dª. Carme Pérez Vaquero, Secretaria da Fundación Lois Peña Novo, logo de deliberaren sobre as propostas presentadas acordan outorga-los premios Lois Peña Novo nesta V edición a:

    D. FERNANDO TATO PLAZA, profesor da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago, pola súa obra LIBRO DE NOTAS DE ÁLVARO PÉREZ, NOTARIO DA TERRA DE RIANXO E POSTMARCOS, polo traballo de investigación e estudio que esta obra supón para a recuperación dunha linguaxe xurídica de noso. Subliña o xurado a orixinalidade en canto se ocupa dun tema inédito, a minuciosidade do traballo realizado polo autor e o carácter multidisciplinar do traballo nunha época na que a especialización e total e xeralizada. Este traballo abre perspectivas de estudio e recuperación da linguaxe dos protocolos notariais.

    Ó CONCELLO DE CELANOVA, pola utilización da lingua galega en tódolos ámbitos da vida administrativa así como as actitudes utilizadas para mantelo nivel de utilización da lingua galega en tódalas comunicacións, tanto escritas como orais, da Corporación e do seu persoal. Salienta o xurado o esforzo realizado polo Concello de Celanova para a recuperación da identidade cultural realizando actividades de recuperación de figuras históricas, pasado medieval, recuperación do patrimonio, etc…. Esta actividade cultural e lingüística fai que o Concello de Celanova proxecte sobre a sociedade un sentido positivo cara a nosa lingua.

    A DON BENITO MONTERO PREGO, Fiscal da Audiencia Provincial de Pontevedra, polo seu traballo constante de permanencia continuada na utilización oral e escrita do noso idioma, sen que en ningún caso fose obxecto de recusación ou indefensión xurídica, circunstancia que demostra que os xusticiables aceptan e proban o uso da lingua galega no foro xudicial, demostrando que o seu traballo é un claro exemplo de compromiso coa lingua e coa cultura galegas.

    Premios Lois Peña Novo 1999
    Previous articlePremios Lois Peña Novo 1998
    Next articlePremios Lois Peña Novo 2000

    LEAVE A REPLY

    Please enter your comment!
    Please enter your name here