Premios Lois Peña Novo 2000

    Premios Lois Peña Novo 2000

    Reunidos na Pousada de Soutomaior o día vintedous de maio de dous mil, os membros do xurado da VI edición dos PREMIOS LOIS PEÑA NOVO, D. Xosé Luís Franco Grande, escritor; Dª. Encarna González Vázquez, directora do Departamento de Organización de Empresas e Marqueting da Universidade de Vigo; D. Xulio Rios Paredes, escritor e funcionario de administración local; D. Benito Montero Prego, fiscal da Audiencia Provincial de Pontevedra (premiado edición anterior) e actuando de Secretaria do xurado Dª. Carme Pérez Vaquero, secretaria da Fundación Lois Peña Novo, logo de deliberaren sobre as propostas presentadas acordan outrogar os premios Lois Peña Novo nesta VI edición a:

    Ó colectivo de Maxistrados da Audiencia Provincial de Pontevedra, D. XOSÉ XOÁN BARREIRO PRADO, D. LUCIANO VARELA CASTRO e D. XOÁN MANUEL ALFAYA OCAMPO, polo seu labor individual na defensa da lingua galega no ámbito xudicial, dictando todas as súas sentencias e resolucións, dende o seu acceso ó posto de Maxistrados da Audiencia, no noso idioma. Salienta o xurado o seu labor, que supón un exemplo para o resto dos compañeiros, xusticiables e axentes xurídicos que actúan na Audiencia provincial.

    A DON MIGUEL ANGEL GONZÁLEZ TRIGÁS, Decano do Colexio de Avogados de Ourense, pola súa traxectoria vital de compromiso co idioma e co País, polo esforzo que pon na normalización lingüística no ámbito do Dereito dende hai moitos anos, impulsando este proceso normalizador na relación coas administracións e demais colexios profesionais.

    Ó CONCELLO DE ALLARÍZ, polo seu exemplo de bo facer no eido urbanístico e recuperación da identidade cultural galega e, nomeadamente, no que respecta ó uso da nosa lingua. Estas circunstancias positivas, que se proxectan na sociedade galega, contribúen a crear un clima de autoestima e galeguidade.

    Ó SERVICIO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA DA UNIVERSIDADE DE VIGO, pola dinamización dos usos do galego no ámbito universitario e administrativo, mediante campañas de sensibilización e publicacións especializadas que teñen modificado os hábitos lingüísticos da comunidade universitaria.

    Premios Lois Peña Novo 2000
    Previous articlePremios Lois Peña Novo 1999
    Next articlePremios Lois Peña Novo 2001