Premios Lois Peña Novo 1998

    Premios Lois Peña Novo 1998

    Reunidos na Casa do Concello de Redondela o día 24 de maio de 1998 os membros do xurado dos PREMIOS LOIS PEÑA NOVO integrado por D. Avelino Pousa Antelo, Presidente da Fundación Castelao; Dona Teresa Pedrosa Silva, Presidenta do Consello Galego de Relacións Laborais; Don Luís Nieto Lago, Secretario do Concello de Curtis; Don Xosé María Pin Millares, Xefe do Servicio de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo; Don Xosé Cabaleiro Fernández, en representación dos premiados na edición anterior e actuando como secretaria do xurado Dona Carme Pérez Vaquero, Secretaria da Xunta de Persoal do Concello de Redondela, logo de deliberaren sobre as propostas presentadas acordan outorga-los Premios Lois Peña Novo nesta IV edición a:

    DON XOSÉ ANTÓN GÓMEZ SEGADE, Catedrático de Dereito Mercantil da Universidade de Santiago de Compostela, pola súa actitude exemplar e transcendente de compromiso coa lingua galega no exercicio da docencia na Facultade de Dereito, da que é profesor, así coma na investigación, contribuindo, co seu exemplo, ó proceso normalizador da lingua galega.

    A título póstumo a DON DANIEL GARCÍA RAMOS, Maxistrado do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, pola súa traxectoria, exemplo e entrega desinteresada durante a súa vida, ó proceso normalizador da lingua no mundo da xustiza. Subliña o xurado o merecemento deste premio a título póstumo a este mestre que en vida non aceptaba distincións polo que consideraba un deber, un compromiso coa súa terra e unha mostra da súa autenticidade vital.

    Ó CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA e, en particular, ó seu representante D. Xerardo Estévez Fernández, pola importancia do seu labor ó fronte da institución pública e a dinamización do proceso normalizador da lingua que dende o ano 1984 se ven desenvolvendo no Concello. Subliña o xurado a repercusión que este tipo de actuacións ten non somente a nivel galego, senón que mesmo a nivel nacional e internacional, dada a importancia e relevancia histórica da cidade de Santiago de Compostela.

    A DON VICTORINO GUTIERREZ ALLER, Notario de Lalín, polo seu FORMULARIO NOTARIAL EN LINGUA GALEGA e a importancia que este traballo ten no notariado recuperando a tradición xurídica galega interrompida hai séculos, facendo posible que os documentos expedidos por estes servicios recollan con exactitude o espírito dos cidadáns e cidadás que teñen por lingua propia a galega.

    Á OBRA VOCABULARIO XURÍDICO, AFORISMOS E LOCUCIÓNS LATINAS dos profesores da Universidade de Vigo, DON  LUÍS RODRÍGUEZ ENNES e DONA LUISA BLANCO RODRÍGUEZ, pola transcendencia que esta publicación ten no campo do dereito, achegando a linguaxe xurídica galega ó alumnado das facultades e ós profesores en exercicio, facilitando, deste xeito, a normalización lingüística no ámbito da xustiza.

    Premios Lois Peña Novo 1998
    Artículo anteriorPremios Lois Peña Novo 1997
    Artículo siguientePremios Lois Peña Novo 1999

    Deixar comentario

    Please enter your comment!
    Please enter your name here