Premios Lois Peña Novo 1997

    Premios Lois Peña Novo 1997

    Reunidos na Casa do Concello de Redondela o día 26 de maio de 1997 os membros do xurado dos PREMIOS LOIS PEÑA NOVO integrado por D. Ramón Villares Paz, Catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago; Dona Ana Echeandía Mota, Secretaria Xeral do Concello de Noia; Don Luís García Mañá, Comisario Xefe da Policía de Vigo-Redondela; Don Antón Piñeiro Feijoo, responsable do Servicio de Cultura do Concello de Celanova; Don Francisco Xabier Fraga Rodríguez, Secretario da Xunta de Persoal do Concello de Fene, premiado edición anterior, e actuando como secretaria do xurado Dona Carme Pérez Vaquero, Secretaria da Xunta de Persoal do Concello de Redondela, logo de deliberaren sobre as propostas presentadas acordan outorga-los Premios Lois Peña Novo nesta III edición a:

    ÓS FUNCIONARIOS DO CONCELLO DE VIGO que veñen desenvolvendo, dende o ano 1984 e de xeito progresivo,  as súas tarefas administrativas en lingua galega adiantándose ás disposicións legais que consagraron a súa oficialidade. Considera o xurado que actitudes de implicación e participación no uso cotiá da lingua por parte dos funcionarios públicos contribúen a impulsaren o proceso de normalización lingüística nos concellos galegos. Así mesmo, é opinión unánime do xurado, que esta dinámica galeguizadora dos funcionarios públicos axuda á expansión da lingua galega na sociedade.

    Á BRIGADA DA POLICÍA CIENTÍFICA DA COMISARIA DE VIGO-REDONDELA, por considera-lo xurado o esforzo que está a facer na elaboración de informes periciais, actas de inspección ocular, informes técnicos, etc… que se remiten ás autoridades xudiciais e administrativas. Salienta o xurado o feito de que sexa esta Brigada da Policía Nacional a que manifeste especial sensibilidade polo uso da nosa lingua no seu eido profesional. Faise constar que o membro do xurado, Don Luís García Mañá, abstense na votación desta proposta dada a súa pertenza e xefatura deste Corpo de Policía.

    A DON XOAQUÍN MONTEAGUDO ROMERO, Secretario xeral do concello de Muros pola súa obra FORMULARIO DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO DAS ENTIDADES LOCAIS, editado pola Escola Galega de Administración Pública na súa colección de Manuais. Considera o xurado que se trata dunha obra transcendente pola súa aportación de modernidade á linguaxe administrativa converténdoa nun medio de comunicación áxil, eficaz e comprensible para a cidadanía.

    A DON PEDRO BENAVENTE JAREÑO, veterinario titular do Concello de Sanxenxo, que demostra, malia non ser galego de nación, unha especial sensibilidade para arrequece-la terminoloxía científica en lingua galega con obras de investigación publicadas que son de especial interese para especialistas e para a normalización da lingua galega en ámbitos específicos da súa especialidade.

    Premios Lois Peña Novo 1997
    Artículo anteriorPremios Lois Peña Novo 1996
    Artículo siguientePremios Lois Peña Novo 1998

    Deixar comentario

    Please enter your comment!
    Please enter your name here