A recuperación do galego no ámbito sanitario pode ter, ademáis, un efecto positivo para o propio idioma.
A consideración social que ten a medicina e o grande número de contactos que se producen a diario co sistema sanitario contribúen a prestixiar o galego, de ser utilizado éste de xeito habitual. Eso é o que pretende un grupo de profesionais que veñen de constituir a Irmandade da Sanidade Galega (ISAGA), que ten como obxectivo principal potenciar o uso do galego na sanidade, por entender que é beneficioso para a relación terapéutica e moi favorable para a saúde do propio idioma, honxendía moi precaria.
Esta Irmandade, que nace baixo o paraugas da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística, será presentada o vindeiro sábado, 29 de outubro, na Estrada, no transcurso dunha homenaxe ao doutor Manuel Reimóndez Portela, que traballou moitos anos nese concello e deixou relatadas algunhas das súas vivencias no libro “Un médico na aldea”. No transcurso dese acto recibirán un diploma de honra os primeiros 35 membros desta Irmandade; son profesionais de toda Galicia que se teñen distinguido polo compromiso coa língua no seu exercicio profesional.