O Foro E. Peinador aprobou o programa de actuacións para o ano 2014. Os proxectos para este novo exercicio contemplan unha maior incidencia en distintos sectores da economía. Uns serán a continuación do labor emprendido anteriormente; outros, procurarán novos espazos para acentuar a actividade galeguizadora. Seguirán celebrándose os “Encontros en Lestrobe”, unha palestra dedicada a expoñerlles aos empresarios convidados propostas par a galeguización progresiva dos centros de traballo; convocar o Día do Consumo en Galego para o mes de xullo, coincidindo coa data da III Asemblea da Irmandade Galega de Agroalimentarios e Adegueiros; convocar o Día a Empresa en Galego para o mes de outro, que este ano será dedicado ao empresario e investigador Isidro Parga Pondal; celebrar unha xornada sobre desenvolvmento económico na provincia de Lugo, e participar na recepción que o Parlamento de Galicia ofrecerá a todas as empresas que etiquetan en lingua galega, despois de que fose aprobada por unanimidade a proposición non de lei de apoio á galeguización das marcas comerciais.