Celebrouse o día 16 de maio un novo encontro no Pazo de Lestrobe promovido polo Foro Peinador coa finalidade de continuar coas xuntanzas periódicas con empresarios para expoñerlles os seus obxectivos e procurar novas adhesións para a galeguización da economía.
Participaron como convidados don Jesús Méndez, director xeral de Caixa Rural Galega; don Elías Rodríguez, director-xerente de “Pedra Salgada”; don Ricardo Fernández e don Ramón Lois, secretario e xerente respectivamente, do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia que acordaron a súa integración no Foro.
Por parte da Administración autonómica asistíu don Valentín García Gómez, Secretario Xeral de Política Lingüística.
O Foro Peinador estivo representado polo seu presidente don Xosé González Martínez; don Carlos Varela García, Fiscal Superior de Galicia; don José Turnes, director xeral de “Progando”; D. Casián García, director xeral de “Celtic-Estores”; don Xulio López, director xeral de “Arumia”; don Xosé Domínguez, director financieiro de “Factorias Vulcano” e don Fernando Alcalde, presidente do Clúster do Naval (Aclunaga).
O presidente do Foro adiantou o próximo lanzamento dunha nova campaña a prol do consumo responsable e solidario coas marcas comerciais etiquetadas en galego, así como a preparación dos actos que farán parte do programa do “Día da Empresa Galega” que se celebrarán na segunda quincena do mes de outubro.