Non todos os convidados aos Encontros de Lestrobe asumen decontado as nosas propostas. Pero co noso peculiar estilo no diálogo deixamos a semente que sempre, sempre, frutifica. Velaí están as marcas comerciais que se etiquetan en galego, que cada vez son máis. E tamén as empresas do sector industrial que incorporan a lingua galega nas actividades empresariais, no recoñecemento dos dereitos lingüísticos dos traballadores e consumidores, creando un microclima lingüístico neses ámbitos de vital importancia para normalizar o noso idioma.