Quen pense que as experiencias galeguizadoras en empresas como Castromil, Feiraco, Estaleiros Barreras…nacen de seu, equivócanse.Para que cada unha desas empresas dese pasos transcendentais e excepcionais da historia da lingua galega, foron precisos moitos contactos e diálogos. Os Encontros de Lestrobe son unha parte importante na historiografía da lingua galega dos que os cronistas terán que dar conta, se non queren falsear a realidade e agochar os excepcionais protagonistas dun movemento que naceu en 1989 e que desde entón seguen activos.