Máis de vinte anos empeñados nun diálogo constante e diverso.O Foro E. Peinador ten demostrado ser unha plataforma única para achegarmos o discurso da galeguidade ao empresariado. A nosa diferenza e estilo respecto doutras propostas é que nós aramos en terras ermas para cultivalas, no canto da estreitez de miras que ten a meirande parte das organizacións preocupadas pola identidade cultural, congregadas sempre nos mesmos espazos comúns.