Encontro en Lestrove

    Tamén os tempos de agardar e recibir aos que acuden ás convocatorias son aproveitados por algúns para falarmos de proxectos. Proxectos que despois de avaliar a súa viabilidade acaban sempre por concretarse en iniciativas proveitosas. Os tempos  que vivímos esíxennos dilixencia e habelencia. Nada é imposible.Tudo vale a pena se a alma nâo é pequena, dixo Pessoa.Neste labor arreo non son recomendables os pesimismos por moi duro que sexa o traballo emprendido. Fronte ao pesimismo da razón hai que opoñer o optimismo da vontade. O Foro E. Peinador móvese por ese pulo creativo no que o esforzo e a imaxinación son as grandes armas dos éxitos acadados.

    Previous articleEncontro en Lestrove
    Next articleEncontro en Lestrove