Reunión do Foro E. Peinador coas Escolas de Negocios de Caixanova, Caixagalicia e Grupo Academia Postal.
O Foro E.Peinador segue a celebrar encontros con empresarios e entidades mercantís. O pasado día 20 reuníuse cos directivos das escolas de negocios do Grupo Academia Postal, Caixanova e o ITE de Caixa Galicia.
De resultas do debate aberto acordáronse varias liñas de actuación para que estes centros de formación empresarial e cadros directivos impartan coñecementos sobre lingua galega, que servan para incorporalos ás estratexia empresariais, e ir aproximando os axentes económicos aos nosos valores culturais e identitarios.
Axiña se constituirá unha comisión formada por estes centros de formación profesional e a Secretaría Xeral de Política Lingüística, para redatar cun plan de actuacións.