O núcleo directivo do Foro E. Peinador, sempre aberto a novas colaboracións, é o eixo vertebrador dunha asociación que medra abrindo novos escenarios e activos para incorporar novidades eficaces na galeguización empresarial. Sen ese núcleo fundacional e dirixente non sería posible organizar grandes eventos que foron xerando dinámicas ilusionantes nun medio de lentros procesos, pero sempre en movemento.