Encontro en Lestrove

    Encontro en Lestrove - Foro Peinador 06/06/2009

    EMPRESAS CON IDENTIDADE GALEGA

    O Foro E. Peinador vén de celebrar outro “Encontro de Lestrobe” con directivos de coñecidas empresas galegas. Todos eles manifestaron o seu interese por iniciaren un proceso de galeguización da actividade empresarial: negociación colectiva, nóminas e contratos, rotulación, publicidade, páxina web, etc.
    Estas novas empresas únense a outras que xa iniciaron hai tempo o camiño da normalización lingüística.
    As empresas asistentes ao “Encontro de Lestrobe” celebrado onte foron:

    FACTORIAS VULCANO, representada por José Domínguez Álvarez, director xeral.
    CELTIC ESTORES, representada por Casián García, director xeral.
    PROGANDO, representada por José Turnes, presidente.
    GRUPO ACADEMIA POSTAL, representada Francisco Novoa, director xeral.
    TRAVIBÚS, (agrupación do transporte público da provincia de Pontevedra), representada por José Benito Bernárdez García, presidente.
    TUCONSA, (empresa construtora), representada por Manuel Martínez Rapela, conselleiro-delegado.
    EGATEL, representada por Javier Acosta Cameselle, director xeral.
    ITELSIS, representada por Gerardo García Alvela, director xeral.

    O acto de sinatura do convenio para impulsar o uso da lingua galega nestas empresas celebrarase o próximo día 24 do mes que andamos, nun acto institucional que se celebrara no Pazo de A Toxeiriña, en Moraña, coa presenza do titular da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

    O TURISMO RURAL, TAMÉN

    Tamén acudíu ao “Encontro de Lestrobe”, a Presidenta da FEGATUR (Federación Galega de Turismo rural), dona Marisol López Álvarez, coa que o Foro E.Peinador está a traballar no deseño dun proxecto para galeguizar estes establecementos.
    Para o Foro Peinador as casas rurais deben ser espazos que contribúan a difundir o noso patrimonio cultural entre os usuarios/as procedentes doutros pobos e culturas. A tal fin estanse a estudar medidas para que estes establecementos sexan decisivos na transmisión dunha imaxe de País.

    MÁIS EMPRESAS

    Outras empresas como Carbónicas Landeira, S.A. coa súa marca comercial Gaseosas La Pitusa ou Cervexas San Amaro e outras marcas súmanse á galeguización. En breve presentaranse os envases destas marcas en lingua galega.

    RAMÓN OBELLA VIDAL

    O Foro E. Peinador presentará nos próximos días a obra RAMÓN OBELLA VIDAL: Investigador, empresario e galeguista, un libro da autoría do profesor Ricardo Gurriarán.
    Ramón Obella Vidal foi fundador da empresa farmacéutica ZELTIA, hai agora 70 anos. Unha empresa que se caracterizou por utilizar a lingua galega na publicidade e elementos de imaxe corporativos recollidos do noso patrimonio arqueolóxico (o trísquel). Ramón Obella Vidal é, por dereito propio, un dos precursores da galeguización empresarial.

    ASISTENTES AO “Encontro de Lestrobe”

    Aparte dos empresarios asistiron ao encontro de Lestrobe Dª. Cristina González Rubal, Subdirectora xeral de política Lingüística; D. Xosé M.Ortigueira, Director financeiro de Xesgalicia; D. Carlos Varela García, Fiscal Superior de Galicia, e Xosé González Martínez, presidente do Foro E. Peinador.

    Previous articleEncontro en Lestrove
    Next articleEncontro en Lestrove