II asemblea da IRGADE

    Eu etiquetado en galego
    Eu etiquetado en galego

    CONSUMAMOS COMO GALEGOS, campaña promovida polo colectivo Galeguizar Galicia (Foro Peinador)  e protagonizada por Benigno Campos, cociñeiro do programa “Larpeiros” da TVG, que foi presentada no decurso da II asemblea da IRGADE (Irmandade Galega de Agroalimentarios e Adegueiros) celebrada en Santo André- Ribadavia no mes de xullo deste ano. Esta campaña incluíu tamén unha pegatina que circulou arreo polas redes sociais cunha grande acollida de público “Eu, etiquetados en galego, por favor!”.
    Defender a nosa identidade na pluralidade, ese é o noso obxectivo e para elo utilizamos este tipo de campañas mediáticas, para facer ver á sociedade que o galego é unha lingua válida para calquera espazo da vida, tamén para o consumo.
    A IRMANDADE GALEGA DE AGROALIMENTARIOS E ADEGUEIROS é unha  plataforma creada coa finalidade de aglutinar a empresas dun sector necesitado de apoios e estímulos para manter viva a  industria de transformación do agro galego, nas que se observa unha gran receptividade ó discurso da galeguización. Empresas que veñen facendo un gran esforzo por diferenciarse dentro da globalidade cun nexo común, o idioma galego.
    No decurso do acto en Sto. André, no que participaron os grupos políticos e forzas sindicais representados no noso País, presentouse tamén a carta do consumo solidario e responsable que todos apoiaron e asinaron co compromiso do seu debate no Parlamento de Galicia.

    Previous articleMIL FESTAS MÁIS PARA A LINGUA GALEGA
    Next articleDIA DA GALEGUIDADE EMPRESARIAL

    LEAVE A REPLY

    Please enter your comment!
    Please enter your name here