O Foro Peinador promoveu o DIA DA GALEGUIDADE EMPRESARIAL cunha xornada celebrada en colaboración co concello de O Porriño arredor da figura do investigador e empresario, D. Ramón Obella Vidal, fundador de ZELTIA.
Principiouse a xornada coa celebración dun encontro de empresarios para debateren distintas propostas dirixidas a fomentar a introdución da lingua galega na empresa.
O alcalde do concello, D. Nelson Santos Argibay, deu a benvida a todos os asistentes suliñando a importancia da figura de Obella Vidal no desenvolvemento económico da comarca do Louriña.
O Secretario Xeral de Política Lingüística, D. Valentín García Gómez, expuxo a política que o seu departamento vén utilizando para promover a introdución da lingua no sector económico.
O Presidente do Foro Peinador, D. Xosé González Martínez, na súa intervención alentou aos empresarios a utilizaren a lingua galega dun xeito progresivo na súa empresa e nas actividades comerciais, laborais, publicitarias ou calquera outras.
O Responsable de Negocios da empresa R, D. José Manuel Ordónez, expuxo as razóns que levaron á compañía a utilizar a lingua galega como un referente identitario da empresa.
O Director Comercial da Adega Martín Códax, D. Pablo Buján, falou da aposta que desde hai máis de 25 anos fixo a empresa pola lingua e pola cultura do País.
O Fiscal Superior de Galicia, D. Carlos Varela García, explicou aos asistentes á xornada as posibilidades que ofrece a lexislación vixente a aquelas empresas que decidan utilizar a lingua como elemento de comunicación.
As primeira hora da tarde procedeuse a inauguración do monumento a Ramón Obella Vidal que o concello de O Porriño situou nunha área recretiva da Vila “O Paseo do Louro” a carón das instalacións da empresa Zeltia.
Rematou a xornada coa celebración dunha mesa redonda con moita asistencia de público, sobre a figura de Obella Vidal e a repercusión do seu legado na industria farmaceutica galega, na que participaron o Alcalde do concello, o Pte. do Foro Peinador e D. Esteban Rodríguez Sánchez, Conselleiro Delegado de CZ VETERINARIA E BIOFABRI.