A Irmandade da Sanidade Galega colocou unha placa de homenaxe ao farmacéutico na que fora a súa botica en Príncipe, 31
Co “A tuxeiriña” soando dende a gaita de Antón Sánchez, iniciouse onte a homenaxe a Domingo Fernández del Riego, irmán de Don Paco, polo seu labor a prol da normalización do galego.
A Irmandade da Sanidade Galega (ISGA) descubríu unha placa conmemorativa na rúa Príncipe, 31, onde o homenaxeado tivo a súa farmacia, hoxe levada pola licenciada Pilar Martínez. Na inscripcción pódese ler: “A súa rebotica foi parladoiro do que agrmaron vizosas iniciativas para galeguizar Galicia”. Unha nova peza á gaita pechou a cerimonia; desta vez a melodía escollida foi “O alalá das mariñas”, unha das favoritas de Fernández del Riego.
Esta iniciativa englóbase nas accións de ISGA e do Foro Enrique Peinador. O presidente deste último, Xosé González, apuntou que con este acto “cúmprese unha débeda da cidade, e unha promesa persoal que lle fixen ao seu irmán Don Paco, de rexistrar a memoria de Domingo”. Destacou do homenaxeado “o seu carácter socrático e constante, pero moi tímido”. Galeguista, pero tamén católico practicante, foi o responsable de que a misa se poida oficiar en galego, tal e como o lembrou González: “Visitou aos cardenais Tarancón e Quiroga Palacios para que o xestionasen en Roma, ademais fundou a editorial SEPT, encargada de publicar textos bíblicos en galego”. Tamén fundou a Confederación Farmaceútica do Noroeste (Cofano).