En galego,agora e sempre – Morgade

    DÍA DA RESTAURACIÓN DA MEMORIA LINGÜÍSTICA DE GALICIA

    En galego,agora e sempre

    Celebrouse un novo acto, desta volta en Morgade,Xinzo de Limia, para alentar o uso da lingua galega nos cemiterios. Cómpre salientar como un feito positivo a participación de todos os grupos políticos con representación na cámara municipal. Evidénciase así que unha conmemoración arredor da normalización lingüística é coprotagonizada polo arco político municipal con total espontaneidade e naturalidade.

    “En galego,agora e sempre”, é unha iniciativa que afonda na antropoloxía galega, na lingua na que se expresan todas as persoais  que lle dan carácter á organización social. O idioma é un elemento de cohesión social evidentísimo. De aí que a conciencia lingüística e a personalidade identitaria do pobo vaian da man sen admitiren disociacións. Estas, por razóns históricas, déronse; mais é tempo de porlle remedio e harmonizarmos a lingua galega, sendo esta un elemento diferenciador na memoria colectiva das nosas freguesías.

    Amais disto, o Concello de Xinzo de Limia, tivo o acerto de que restaurar a memoria adulterada dunha parteira que en vida falou galego cos seus veciños e veciñas e nela anunciaba o feliz alumbramento das criaturas ás que axudaba a naceren. Velaí o sentido que ten a celebración da Restauración da Memoria, reconstruíndoa.

    Previous articleCELEBRACIÓN DO DÍA DA RESTAURACIÓN DA MEMORIA LINGÜÍSTICA
    Next articleEmbutidos Lalinense Celebra o Día da Galeguidade Empresarial en Lalín