CELEBRACIÓN DO DÍA DA RESTAURACIÓN DA MEMORIA LINGÜÍSTICA

    O pasado día 26 de novembro celebrouse no concello limiao de Vilar de Santos un novo acto que baixo o rubro “En galego, agora e sempre” vén convocando a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística para galeguizar os espazos da memoria colectiva nos cemiterios. Participaron no mesmo o alcalde do concello Antonio Míguez; o concelleiro de cultura, Rubén Colmenero; e o presidente do Museo da Limia e exalcalde do Concello Xosé Antón Jardón Dacal. Jardón lembrou emotivamente a memoria  do crego de Parada de Outeiro, Miguel Fernández, xa falecido, onde hai anos se celebrou tamén un acto semellante.

    Os interviñentes no acto explicaronlle ao público asistente a filosofía desta celebración, e repartíronse exemplares da Acta de Vontades para que os interesados en deixaren constancia  no ámbito familiar da súa inequívoca galeguidade nas exéquias fúnebres.

    Previous articleRESTAURACIÓN DA MEMORIA LINGÜÍSTICA DE GALICIA EN GALEGO, AGORA E SEMPRE Amoedo-Pazos de Borbén – 28 de outubro de 2023
    Next articleEn galego,agora e sempre – Morgade