DO NOSO, MELLOR EN GALEGO

    Un país sen  economía propia e unha cultura e lingua que o definan é un pais dependente. Por iso entendemos que os consumidores deben ser conscientes ao tempo que responsables nas súas compras. Mercar produtos galegos significa afortalar as nosas estruturas empresariais, creando riqueza e postos de traballo. Os consumidores poden modificar as ofertas de produtos apoiando a aquelas marcas que se identifican cos nosos valores patrimoniais. Os empresarios deben ser tamén solidarios cos nosos sinais de identidade utilizando a lingua galega na etiquetaxe dos seus produtos e campañas publicitarias. Cultura e economía da man, para asegurarmos a pervivencia do noso, do que nos identifica como pobo.

    Previous articleCONVERSAS EN EMPRESARIAIS
    Next articleGargamala, romance incompleto

    LEAVE A REPLY

    Please enter your comment!
    Please enter your name here