Celebrouse na Escola Universitaria de Estudos Empresariais de Vigo una xornada dedicada á galeguización empresarial. Unha vella arela do Foro E. Peinador que agora se materializou coa promesa por parte do equivo directivo da Escola de reedítala todos os anos. Sen que haxa profesionais da dirección empresarial sensibilizados co feito diferencial galego non poderá executarse a filosofía da responsabilidade social corporativa que poña o acento na identidade cultural de Galicia,incorporando a esta tarefa a traballadores, consumidores e productos etiquetados en lingua galega.
A sesión celebrada o pasado día 6 de abril, iniciouse coa conferencia “Enrique Peinador Lines: empresa e compromiso coa lingua”, a cargo do historiador e biógrafo do empresario, Ricardo Gurriarán Rodríguez. A continuación tivo lugar a mesa redonda “O valor da lingua galega na actividade empresrial”, moderada polo presidente do Foro E. Peinador e na que interviñeron representantes da s empresas Deleite, Egatel, Gadis e Celtic Estores.
A sesión académica clausurouna Valentín García Gómez, Secretario Xeral de Política Lingüística.