Mil Festas Máis para a Lingua Galega coa Banda da Loba.

    A música e o canto son medios imprescindibles para a transmisión oral do noso idioma, o foron  nun período longo da historia ágrafa de Galicia e ségueno a ser hoxe cando as novas tecnoloxías ofrecen a inmediatez da transmisión tanto na imaxe como no son. Por iso, a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia (AFNLG) a través da súa campaña “Mil Festas máis para a Lingua galega” busca novos espazos para impregnar de galeguidade as novas xeracións, porque abrir portas e fiestras a outras formas de expresión cultural sempre en galego é unha maneira de estar no mundo e achegarse á diversidade con galeguidade.  Por iso estamos convencidos de que a música é parte esencial da programación festeira e pensamos que as distintas formas de expresión musical en galego deben estar presentes na festa. 

    E a carón das diferentes intervencións musicais deben están outros micro espazos que deben ser obxecto tamén desa forma de expresión cultural en galego: a cartelería, que hoxe en boa medida está sendo substituida pola transmisión a través das redes sociais; os actos litúrxicos que tanta importancia teñen nos sentementos relixiosos das persoas que acuden a festas e romaxes; e aqueles outros aspectos dos programas nos que a comunicación oral é fundamental. En todos estes casos,  as comisións de festas, e nomeadamente os concellos que as organicen, deberían contemplar a horizontalidade da normalización lingüística.

    Porque a normalización plena da lingua galega na sociedade é cousa de todos!

    Previous articleUn Nadal + galego
    Next articleDa Lingua ao Prato