En galego, agora e sempre 2009

    En galego, agora e sempre 2009
    En galego, agora e sempre 2009

    En galego, agora e sempre
    Balenciaga Motorcycle City Bags Replica, Replica Le Boy Chanel Bags, Hermes BIRKIN, replica Louis Vuitton handbags, replica prada handbags, replica boy chanel bags, Replica Hermes bags Men, Mulberry bags, Balenciaga purse, replica gucci bags
    A cultura galega forma parte do patrimonio da humanidade. O xenio creador do pobo galego foi quen de crear a súa singularidade, que hoxe é recoñecida polos organismos internacionais encargados de protexeren as distintas culturas e linguas do mundo.

    Un pobo fiel a súa cultura e lingua
    Ese patrimonio cultural galego é o resultado das achegas que nos deixaron as xeracións que nos precederon. As lendas, tradicións, música popular…tiveron unha lingua para se expresaren; unha lingua que, malia as vicisitudes históricas adversas, resistiu séculos as interferencias doutras culturas máis fortes que ameazan ese gran patrimonio no que se cultivou unha lírica propia e unha tradición oral das máis importantes da nosa contorna xeográfica.
    Ese patrimonio labrouse fundamentalmente nas aldeas durante moitos séculos.
    Personaxes anónimos, homes e mulleres, que sen máis saberes que a tradición e o don da capacidade creadora, deron pé ó acrecentamento ininterrompido dese patrimonio cultural, fonte de inspiración para os nosos escritores e escritoras, que souberon sublimar o saber popular.
    Todos eles foron imprescindibles na creación dese corpus cultural que nos define como pobo con personalidade de seu, e que nos fai ser merecentes do respecto e admiración que nos profesan noutras partes do mundo.

    Aldeas de vivose aldeas de mortos
    A parroquia e a súa unidade básica, que  foi e segue  a ser a familia, son os auténticos creadores dese patrimonio.
    O antropólogos dividen o territorio galego, escenarios natural e social nos que agromou a cultura popular, en parroquias de vivos e parroquia de mortos (os cemiterios); unha dentro da outra. Pero mentres a dos vivos falou sempre, e segue a falar maioritariamente a lingua galega, a dos mortos exprésase unicamente  en castelán. Esta disfunción, froito de imposicións alleas, hoxe desaparecidas por mor dunha lexislación que protexe á lingua galega, deixou prexuízos e inercias que debemos superar.
    Galicia ten 3.750 parroquias. Xa que logo, hai 3.750 cemiterios parroquiais, sen contarmos os de competencia municipal. Mentres as “parroquias dos vivos” minguan por mor do abandono da poboación rural,  paradoxalmente os cemiterios son os únicos que medran, porque os galegos marchamos, emigramos, pero a querenza pola terra fai que desexemos ser soterrados nos lares nativos.

    Lápidas en castelán
    As lápidas dos cemiterios están escritas maioritariamente en lingua castelán (99 %), cando os galegos tivemos como lingua de relación a nosa (noutro 99 %). As notas necrolóxicas (esquelas) que publican os medios de comunicación a cotío en galego, non representan nada máis que o 1,5 % da totalidade. ¿Qué acontece, logo? O que xa todos sabemos e que a sociolingüística demostrou hai tempo. Pero hoxe, cando as circuntancias políticas mudaron e a lexislación protexe os nosos sinais de identidade, cómpre arbitrar medidas correctoras para recuperarnos a presenza da nosa lingua noutros ámbitos sociais, tales como nos cemiterios.
    A Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia vén traballando desde hai anos no artellamento dunha pedagoxía social que anime ós galegos a sumárense á arela da reconstrución da nosa identidade. Familias, colectivos sociais e profesionais deben ser o cerne da forza dinamizadora para acadarmos eses obxectivos.
    Asemade, cómpre tamén que as institucións públicas, que teñen a obriga de defenderen e protexeren o noso patrimonio cultural e lingüístico, estimulen na cidadanía ese espírito regaleguizador. Deste xeito, entre todos, seremos capaces de facermos que a autoestima dos galegos e galegas sexa, cada vez,  maior.

    Propostas para rehabilitar a memoria lingüística
    A celebración do Día de Defuntos debémola aproveitar para render xusta e sentida homenaxe ós nosos falecidos. ¿ E que mellor xeito de facelo que substituíndo a lápida por outra redatada en lingua galega, que foi na que viviron e falaron connosco?
    Velaí as nosas propostas:
    Homenaxear ós nosos defuntos rehabilitando a súa memoria cultural e lingüística, substituíndo as lápidas en castelán por outras en galego.
    Publicación de Bandos para a sensibilización da cidadanía nestes obxectivos de recoñecemento da memoria dos nosos devanceiros:
    Programar actos públicos de recoñecemento pola contribución que fixeron os galegos falecidos para que  Galicia aínda sega a ter unha cultura e lingua de seu.
    Instar ás autoridades eclesiásticas e ás empresas funerarias para  acadar máis utilización da lingua galega nos actos litúrxicos ou que a oferta dos seus servizos sexa tamén no noso idioma.

    Descargar triptico mandas

    Deixar comentario

    Please enter your comment!
    Please enter your name here